Alumnado que xoga e aprende co léxico




SECCIÓNS DO PORTAL DAS PALABRAS

 

A VER SE DÁS... (xogo): Hai dez probas e para cada unha dispós de quince segundos. O xogo consiste en escoller a definición que corresponda á palabra proposta.





APUNTA BEN (xogo): Fíxate nas imaxes que che propoñemos e escolle a palabra que representa o que ves nelas. Para superar o xogo, debes conseguir nomear dez imaxes e tes quince segundos para cada unha.


CANTO SABES? (xogo): Hai dez probas e para cada unha disporás de dez segundos. O xogo consiste en elixir, entre as tres palabras propostas, o sinónimo do termo que se presenta.

 



DESCARGAS: As apps do Dicionario para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android.

  

DIDÁCTICA: Hai formas pedagóxicas e divertidas de levar o léxico e a lexicografía ás aulas. educaBarrié proponnos actividades, guías e outros recursos para conseguir a máxima atención e implicación dos rapaces e rapazas.



DIMO CON LETRAS (xogo): Dámosche unha palabra para que a escoites e tentes escribila correctamente en menos de 15 segundos. Para completar o xogo terás que escribir 10 palabras.


MIRA QUE DIN: Hai palabras que se crean, que son novas (neoloxismos), outras que se actualizan, algunhas que están de moda. Para os que estades á última.


NOTICIAS: Todas as novas do Portal das Palabras.


 

O MUNDO EN PALABRAS (vídeo): Nomeamos cada un dos obxectos, accións, pensamentos, sentimentos e situacións que nos arrodean. Cada aquel ten a súa palabra. Estes vídeos recollen conxuntos léxicos ou temáticos coa idea de ampliar o noso universo de termos e axudar a que nos expresemos mellor e con máis riqueza




OPA! (xogo): Tes quince segundos para memorizar as doce palabras que se propoñen. A continuación, coas cartas viradas, terás que descubrir as seis parellas de palabras relacionadas.



 
PALABRA DO DÍA: Cada día coñecemos unha palabra.



 

PALABRAS ASINADAS: Académicos e académicas, xentes da cultura, personalidades en xeral, escollen a súa palabra preferida e comparten a valoración da mesma con nós.



PREGÚNTALLE Á ACADEMIA (vídeo): Membros da Academia e especialistas do Seminario de Lexicografía responden en vídeo dúbidas sobre termos e expresións, tamén sobre a orixe das palabras, e fan recomendacións normativas.


SETESTRELO: Sete palabras especiais que se relacionan entre si e dan en brillar coma o Setestrelo (Osa Maior), cada unha delas ou o seu conxunto.
 

SÓ UNHA VALE (xogo): Hai dez probas e para cada unha dispós de quince segundos. Tes que escoller a palabra que mellor represente a definición proposta.


VERDADEIRO OU FALSO? (xogo): Tes 10 probas e 15 segundos para cada unha delas. Dámosche unha oración cunha palabra destacada e debes dicir se o seu significado se axusta ou non ao que se di na frase.