Este blog estrutúrase en 5 páxinas ás que se pode acceder de
dous modos, ou ben a través do menú horizontal situado debaixo do título do
blog, ou ben a través do índice que aparece en vertical na marxe dereita (neste
caso cada unha das páxinas identifícase cun número, sendo 0 a páxina de Inicio,
1 O Porqué, etc.).
O INICIO – Na nosa portada ofrecémosche unha produción
plástica realizada por usuarios moi creativos e as Seccións do Portal das
Palabras (de aquí en diante o Portal). Aí verás a icona da sección, o título
coa ligazón que te leva directamente a esa sección no Portal e unha pequena
descrición do seu contido.
O PORQUÉ – Onde se xustifica a existencia deste material e a
súa necesidade de medrar coa creación e aproveitamento por parte da
colectividade educativa.
AS INSTRUCIÓNS DE USO – O apartado que estás a ler para
entender dun xeito rápido e cómodo a forma de lle tirar o maior partido a este
recurso.
ACTIVIDADES PARA 1 SESIÓN – Onde poderás atopar diferentes
recursos que podemos utilizar nunha única sesión de clase utilizando o Portal
das Palabras. Ofrécense clasificados en tramos educativos, para Educación
Infantil e Primaria dunha banda, e para
ESO e Bacharelato pola outra.
ACTIVIDADES PARA + TEMPO – Aquí
ofrecémosche actividades utilizando o Portal das Palabras que requirirían dun
período de dedicación superior a unha sesión de clase. Neste caso non se
inclúen actividades para ESO e Bacharelato porque todos os recursos que ofrece
o Portal ofrecen a vantaxe de poder ser traballados en 50 minutos.
OUTRAS PROPOSTAS – Neste apartado,
o máis extenso, ofrecemos exemplos de diferentes actividades que se poden levar
a cabo partindo da utilización do Portal xa realizadas nalgún centro educativo,
en caso contrario sinalarase. Nesta ocasión dividimos os materiais en 3
seccións: para todas as etapas (neste caso partindo da mesma idea podemos
traballar nas diferentes idades), para Educación Infantil e Primaria e para ESO
e Bacharelato.
Ademais disto na columna da
dereita poderás atopar tamén as iconas do Portal e de educaBarrié, preme nelas
e levarante a cadansúa páxina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario