1 sesión (ESO e Bacharelato)
Tanto na ESO como no Bacharelato temos a vantaxe de que podemos utilizar directamente a maioría de recursos que ofrece o Portal das Palabras, como por exemplo o Setestrelo.
|
Clica na imaxe. |
- Usar o dicionario da RAG. Facer buscas complexas.
- Utilizar as buscas complexas do dicionario para traballar a morfoloxía da palabra. Resulta especialmente útil para localizar outros elementos léxicos que xustifiquen a existencia do morfema que estamos segmentando.
- Instalar nos smartphones a app do dicionario da RAG.
- Sacudir: termo ao chou.
- Calquera dos xogos do portal para ser utilizados tal e como veñen na web.
- Xogo de palabras encadeadas non coincidentes por grupos. Neste caso cada grupo poderá dispoñer dun móbil co dicionario da RAG que só poderán usar en 5 ocasións.
- Creación de campos semánticos.
- Lectura da sección A palabra do día e utilización do termo e o seu campo semántico na representación dunha situación inventada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario