A realización das adiviñas serve para:
- Aprender a seleccionar o vocabulario máis importante dentro dun campo semántico.
- Aprender a elaborar un guión da nosa intervención comprobando previamente no dicionario o léxico que imos empregar.
- Aprender a elixir o rexistro apropiado para as persoas destinatarias da mensaxe.
- Aprender a definir.
- Practicar o discurso de lingua oral dirixido a un público.
Estas características ofrecerán maior ou menor aproveitamento en función da idade do alumnado, mais ten a vantaxe de ser unha actividade que se pode realizar en calquera nivel educativo.
Deixámosvos varios exemplos realizados por alumnas e alumnos de diferentes idades.
Adiviñas sobre elementos da cociña.
Adiviñas sobre a mesa de estudo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario