Imaxe de orixe descoñecida. |
Dentro da gamificación da nosa práctica docente resulta moi produtiva a creación de roscos de pasapalabra monotemáticos ou pluritemáticos con definicións redactadas por eles a partir das recollidas no dicionario da RAG.
Esta práctica require:
1 - A procura do léxico axeitado para a temática que esteamos a traballar.
2 - Unha práctica moi importante de desenvolvemento da lingua na recreación das definicións.
3 - Máis esforzo que outras actividades pola necesidade de completar case todas as letras do alfabeto.
4 - Traballo cooperativo na creación lingüística.
Que podemos facer con este produto?
1 - Colgalos na rede e xogar na aula ou na casa para aprender o vocabulario estudado en cada caso.
2 - Levar a cabo competicións de aula.
3 - Organizar competicións de centro.
Deixámosvos algúns enderezos de referencia para elaborardes os vosos propios roscos:
Cajón del maestro
Educar Filando
Formadores TIC
Genmagic
Nova Bella
Obradoiro de xogos educativos - IES de Teis
Salesianos
Ningún comentario:
Publicar un comentario