En 1º nunca xogaramos ao Setestrelo e, a verdade, é que sendo
unha actividade improvisada, nos quedou moi bonita. A idea xurdiu porque
estamos a descubrir palabras que levan H, e esa é a temática do Setestrelo no
día de hoxe, 5 de maio. Primeiro lemos as palabras propostas e aprendemos o
significado das que non coñeciamos. Despois nun folio cos 7 puntos, que forman
de Osa Maior, escribiron as palabras facendo coincidir os puntos debaixo de
cada H.
Aproveitando que en Matemáticas estamos empezando co uso da
regra, unimos os “puntos H” e… aquí está o resultado!!!
Setestrelo do H feito coa aplicación Popplet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario